Aquí estamos de volta das vacacións de Pascua, descansadiñ@s e ben mantidiñ@s con eses bolos tan saborosos cos que agasallan padriños e madriñas, va que si?
Comeza a conta atrás para a fin de curso e a pesar de ser hoxe un día moi especial para bromas, tomaduras de pelo, brincadeiras e piadas... asegúrovos que é ben certo que o trimestre pasará moito máis rápido do que agora parece e sen volta atrás.
Alguén aínda se pregunta que ten que ver o 1 de abril coas brincadeiras. Deberiades estar informados, por se acaso...
Quen non sabe aínda que significa o refrán "O un de abril os burros van onde non teñen que ir"? Ollade por aquí a ver que descubrides...
Ningún comentario:
Publicar un comentario