FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA!
Celebrémolo dedicando uns minutos deste día a ler as tres poesías que nos recomenda o narrador Agustín Fernández Paz no seu blog persoal.
Ou escointando a nosa poeta amiga Dores Tembrás recitando un dos poemas do seu libro O pouso do fume.
Ou tamén podemos escoitar o poema "Terra Chá" do escritor que dá nome ao noso punto de lectura en ESO, Manuel María, na voz de Uxía e coa adaptación musical do músico brasileiro Sérgio Tannus.
Os poemas recomendados nesta entrada son preciosos!!! jose 4º
ResponderEliminarA min tamén mo pareceron, Jose. Alégrame que che teñan gustado. Partillar literatura é sempre un pracer.
ResponderEliminar