10/04/13

CADERNO DE VIAXE

Voltamos da nosa viaxe literaria entre Rianxo e Padrón e chega a hora das valoracións. Cubriu as nosas expectativas? Resultou cómoda a organización? Foi unha experiencia de aprendizaxe real e alternativa ás aulas? Que foi o que máis non gustou? E o que menos?

Agardamos as vosas valoracións neste foro de comunicación e expresión sempre aberto a vós, mais tamén teredes ocasión de o facerdes nese Caderno de Viaxe que seguro que xa andades a artellar.

Hoxe imos deixar aquí tres pegadas fotográficas que recollen impresións descubertas onte por primeira vez e que xa nunca esqueceremos.

Pipas persoais do poeta Manuel Antonio


Manuescrito do poema "Excelsior"






Versos de benvida na entrada á Casa Museo de Manuel Antonio

4 comentarios:

  1. A viaxe foi magnífica, moito por enriba das expectativas agardadas. Todo estivo xenial!!! jose 4º

    ResponderEliminar
  2. Álvaro Cunqueiro 4º15/04/13, 10:29

    Encantoume todo, só sumaria un pouco máis de tempo a visita á casa de Manuel Antonio o resto todo perfecto. Gustariame resaltar as maquetas expostas no Museo do Mar.
    Visita de 10.

    ResponderEliminar
  3. Unha moi boa saída.Foi un magnífico día culturalmente e, tamén, para meiorar a convivencia. Que as que veñan sexan igual de boas, ou mellor.

    ResponderEliminar
  4. Concordo cos vosos argumentos que testemuñan o éxito, didáctico e humano, da xornada. Haberá que repetir...

    ResponderEliminar

DESPEDIDA