Sen dúbida, todos os vosos cadernos persoais da viaxe a Rianxo e Padrón foron diferentes, acordes coa impresión e expresión propia de cada un/unha de vós.
De entre todos, imos partillar este que realizaron as compañeiras de 4º, Irene e Paula.
Olládeas aquí agachadiñas que argalleiras e orixinais foron!!!
SORPRESAAAAAAAA!!!!!
Non nos debes dar as grazas a nós, senon ao equipo que realizou a saída.
ResponderEliminarCoido que podo falar tanto no meu nome coma no de Irene dicindo que aprobeitedes estas saídas que aprender non ten que ser un tarefa aburrida, todo o contrario.
Eu, persoalmente animo a participar nestas saídas, xa que, as veces non nos damos de conta do que temos pero pensade que é outra forma de aprender pero principalmente son xornadas cos compañeiros de sempre que chega un día que te das conta de que para o ano empezas unha nova etapa e non vai ser cos teus compañeiros de sempre. Participade nas actividades propostas polo centro, realmente arrepentiredesbos cando cambiedes de colexio. Ou pola contra, cande estedes a piques de rematar cuarto e vos comece a entrar a morriña e agora parecebos unha parvada, pero en algún intre caeredes na conta.
Agradezo especialmente a Mercedes, Pilar e Carmen por acompañarnos e tamén a que sigan programando saídas culturais como esta xa que para min foi unha das mellores e tamen unha das mellores de toda secundaria... :,)
Joo que morriña xa...
Paula 4º.