Nesta ocasión, a imaxe viaxeira levounos a tempos ben lonxanos, nin máis nin menos que á pegada do noso pasado prehistórico que hoxe conservamos no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra), onde podemos ver unha importante mostra de petrógligos.
Judith Martínez, de 3ºA, fai de guía viaxeira outra vez e preséntanolo así:
É un outeiro rochoso, moi visible, duns 10 metros de altura. Na súa
ladeira ten gravadas un gran número de figuras de surco moi visible,
ancho e profundo. Á dereita pódense ver tres cabalos cos seus xinetes,
dispostos verticalmente. Á esquerda hai un gran panel con figuras de
círculos concéntricos, aos que chegan liñas procedentes de círculos
centrados por unha fosita. Tamén se poden ver un ídolo placa e varios
cervos.
GRACIÑAS, JUDITH!
De nada Mercedes, custou atopalo pero conseguino grazas a meus pais!
ResponderEliminar