Rematou xa esta primeira parte do curso e é hora de iniciarmos un descansiño para tomar folgos e continuar a partir do 8 de xaneiro.
Os recordos de tantos días e meses xuntos son moi variados, mais a min gustaríame resumilo nesta imaxe que reflicte unha iconografía ben metafórica: un grupo humano unido pola forza da palabra-grafiti da poeta Dores Tembrás e impulsado polo alento da luz natural iluminadora!
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!
Este encontro con Dores Tembrás sen duda estivo xenial e esas dúas horas non chegaron a nada,
ResponderEliminarMercedes cando repetimos?
BO Nadal e feliz Aninovo.
PD: Coidado co champán e cas uvas :)
Non tivemos oportunidade de falar a posteriori e deume mágoa, porque tiña ganas de coñecer a vosa opinión. Coido que foi unha actividade estupenda e moi necesaria que pode axudar a descubrirnos por dentro. Se vós queredes que debe ter continuidade, haberá que apostar por ela, non si? Todo dependerá de vós e de que Dores poida volver.
ResponderEliminarFeliz Aninovo para ti tamén, Viviana. Ogallá o 2013 cumpra os tes desexos.
Apertas!