29/10/16

AO ENCONTRO DE XURXO CHAPELA

O venres 18 de novembro manteremos un encontro con Xurxo Chapela, o autor carballés de Lémbrame, a lectura de referencia deste primeiro trimestre.



Mais, antes de coñecermos persoalmente a quen está detrás das 500 lembranzas que nos achegaron a un tempo descoñecido, malia non ter transcorrido máis de 20 ou 30 anos de moitos dos acontecementos que o autor lembra na súa memoria, é preciso achegarnos a algunhas claves, como por exemplo esta entrevista publicada polo xornal Praza Pública.

Vémonos o 18 de novembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, un espazo que aproveitaremos para coñecer ben a fondo.


1 comentario:

  1. Encantoume o encontro que tivemos con Xurxo. Pareceume unha persoa moi amable e cercana.Tiñamos varias preguntas para facerlle e el resolvéunolas sen ningún problema, tamén houbo algúns momentos de risa con algunhas preguntas, paseino xenial. Un saúdo.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA