BRINDAMOS POR UN 2016 DE CELEBRACIÓNS PARA A LINGUA E A LITERATURA GALEGAS!
30/12/15
MANUEL MARÍA EN TEMPO DE NADAL
PANXOLIÑA DOS GALEGOS
¡O Neno Deus é un neniño
que namora soio o velo!
¡Os seus ollos son de luz
e de ouro fino o cabelo!
- ¿Non vedes fiar a Virxe
tan caladiña e tristeira?
- ¿Imos levarlle, pastores,
un año branco e manteiga!
San Xosé é carpinteiro
e xa non serra madeira.
¡Anda a facer unha cruz
dun pauíño de oliveira!
¡Camiñade, galeguiños,
camiñade ata Belén...!
¡Xa naceu o Rei do Ceo
e quen lle cante non ten!
13/12/15
EN MARCHA!
Case todo pronto para, unha vez rematados os exames e as correccións, coller camiño de Outeiro de Rei para inaugurar o que será o Ano de Manuel María en 2016 coa celebración do Día das Letras Galegas.
Velaquí un primeiro encontro virtual coa casa museo de Manuel María onde nos agardan moitas sorpresas para este mércores 16 de decembro.
En marcha!
07/12/15
MEMORIA DE XOSÉ NEIRA VILAS
Hai uns días despediamos o escritor Xosé Neira Vilas, un autor referencial e testemuña da literatura galega da segunda metade do século XX e até a actualidade, pois estaba a piques de presentar estes días o que xa será a súa derradeira publicación, a novela Romaría de historias.
Memorias dun neno labrego (1961) é cualificado como un best seller da literatura galega polo continuo número de edicións e traducións, o que a converteu nunha obra clásica da literatura universal.
Podemos lela en soporte impreso mais tamén dixital e imos comezar por aquí, por este último formato, para nos achegar a Balbino, o personaxe central desta novela que o autor quixo dedicar "A todos os nenos e a todas as nenas que falan galego".
29/11/15
DESCUBRINDO A BRAIS MORÁN
Continuamos coa nosa serie de descubertas no campo da música galega e agora chega a quenda do músico da semana do noso blog: Brais Morán.
Nesta ocasión, foi Ezequiel Corporán (3ºB) o encargado de elaborar a entrevista ao músico destacado neste blog ao longo da semana pasada.
É hora de compartirmos publicamente as súas palabras para coñecelo moito mellor a nivel persoal e musical.
1- Como
empezaches na música?
Veño dunha
familia de músicos, co cal nacín cun pandeiro nas mans e escoitando guitarras
desde moi pequeno. Sempre escoitei moita música variada e o meu oído estivo
relacionado co ritmo mentres medraba. Aos 9 anos comecei a tocar a guitarra e
comecei a estudar, até que hoxe en día me dedico a compoñer cancións.
2- A que anos
empezaches a tocar profesionalmente?
Podería dicir
que profesionalmente foi aos 19 anos cando comecei a traballar disto. Aos 13 xa
tocaba con xente facendo grupos e participando en espectáculos de teatro.
3- Que
instrumentos tocas?
O meu
instrumento é a guitarra e, como me gusta cantar, sempre vai unido á voz, que é
outro instrumento que hai que coidar moito.
Tamén toco
algo o piano, pero simplemente para acompañar alguna canción sinxela.
4- O teu
primeiro tema como compositor, cal foi, como o creaches, que te inspirou?
Mmm...qué
difícil!!jejeje…Penso
que non o lembro, pero pode que fose unha canción que non volvín tocar. A
primeira canción en galego creo que se chamaba “Porque ti choras” e toqueina
algún tempo con Loretta Martin. Aí seguro que me inspiraron os Beatles, Bob
Dylan e as praias da Costa da Morte. Xa non me lembro como a creei, pero sería
así como descubrín que sabía compoñer e deixeime levar.
5-Ademais de
cantar (e tocar algún intrumento) dedícaste a algo máis?
Si. Son
profesor de guitarra en escolas e traballo no mundo das artes escénicas:
cine,teatro... Estudei a carreira de Historia da arte porque para min todo está
na creación.
5- O artista
co que máis te identificas, cal é?
Supoño que
serán moitos... George Harrison, Mick Jagger, Jay Kay, Chris Cornell... Actualmente o
artista galego co que máis me podo identificar é Fran Pérez Narf.
6- Poderíasnos
contar algunha anécdota da túa carreira musical?
Cada ano vivo
cousas diferentes, pero se teño que dicir unha moi especial foi cando me
recibiron os nenos e nenas do CEIP de Arteixo e cantamos xuntos a canción “En paz”. Regaláronme
un álbum con debuxos firmados por cada alumno. Foi increíble e emocionante.
7- Fálanos do
teu estilo musical en particular,como chegaches a el?
Non teño
estilo musical definido, pero son amante do funk,do soul e do rock.
8- Como
definirías o teu novo traballo discográfico que comezas a presentar agora,
Cruzando o eclipse?
Cruzando o
eclipse é un disco onde teñen cabida todos estes estilos. A base de escoitar
moita música saen as cancións e o seu son. Quizais poida dicir que é un repaso de
toda a miña vida musical. É un disco con moita forza, moita melodía e moitas
ganas de loitar polas cousas que queremos.
9- Con que
artista che gustaría compoñer unha canción?
Xa o fixen con
Fran Pérez e pódese dicir que foi un soño cumprido. Tiven a sorte de estar
acompañado por Susana Seivane nun concerto e espero que co próximo artista co
que compoña unha canción haxa a mesma química que houbo con eles.
10- No teu día
normal, que fas?
Traballo dando
clase e preparando actividades, ademais de ensaiar e traballar na miña propia
música. Gústame saír a pasear e verme coa xente que quero.Teño a boa sorte de
poder organizarme para poder facelo todo.
11- Rematamos
falando de futuro, como o imaxinas?
“Somos dunha tribu que acredita no futuro e todo de
nós depende no presente”. Con
iso defino que temos que loitar por mellorar e ser positivos ante a vida en
calquera momento que amamos. O futuro dependerá do que aprendamos día a día.
Moitas Grazas
por todo!
Cruzemos o
eclipse xuntos!
25 DE NOVEMBRO, VIOLENCIA DE XÉNERO NUNCA MÁIS!
A partir do visionado desta peza tirada do blog Trafegando ronseis, imos traballar, tal e como avanzamos na aula, a expresión escrita a partir de dous modelos de textos.
O
alumnado de 4º deberá preparar un texto argumentativo e o de 3º un
texto expositivo, tomando como referencia a mensaxe que nos dirixen as
imaxes explícitas e implícitas do vídeo.
O prazo de entrega da tarefa é o martes 1 de decembro.
25/11/15
25 N, NUNCA MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de galego do Instituto Cañada Blanch de Londres deixou testemuña do seu posicionamento explícito en contra da violencia machista.
Comprobémolo e sumémonos á construción dunha sociedade verdadeiramente xusta, respectuosa, equitativa, igualitaria e equilibrada tamén nas relacións entre os xéneros, entre homes e mulleres.
Fala Londres #homesconsaia
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Neste tempo en tránsito estacional que andamos, despedimos o verán... ... para recibirmos o outono como merece, cos versos do poeta Ma...
-
Ímonos achegando a Castelao a través do teatro, concretamente á adaptación de Cousas por parte da compañía Os Quinquilláns . Grazas...
-
O gran Groucho Marx deixou dito o epitafio que quería que o acompañase na súa tumba na outra vida: "Perdoen que non me levante". ...


