Hai uns días despediamos o escritor Xosé Neira Vilas, un autor referencial e testemuña da literatura galega da segunda metade do século XX e até a actualidade, pois estaba a piques de presentar estes días o que xa será a súa derradeira publicación, a novela Romaría de historias.
Memorias dun neno labrego (1961) é cualificado como un best seller da literatura galega polo continuo número de edicións e traducións, o que a converteu nunha obra clásica da literatura universal.
Podemos lela en soporte impreso mais tamén dixital e imos comezar por aquí, por este último formato, para nos achegar a Balbino, o personaxe central desta novela que o autor quixo dedicar "A todos os nenos e a todas as nenas que falan galego".
Un grande, por certo!
ResponderEliminarAsí é, Paula, un imprescindíbel! Benvida, sempre, a esta que segue a ser a túa casa!
ResponderEliminar