Como? É posíbel estudar galego en secundaria en Londres?
Pois todo indica que si e dende hai varios anos!!!
O alumnado do IE Cañada Blanch de Londres tamén inicia curso 2014-2015 e, como vén sendo habitual e moi propio de xente ben educadiña, preséntansenos publicamente.
Biografías lingüísticas que algúns centos de quilómetros de distancia física entre Coristanco e Londres non nos van impedir coñecer.
Agardamos as vosas mensaxes e impresións sobre este vídeo na sección "Comentarios".





