A quen se achega por este punto de encontro coa vertixe de toda primeira vez ou recunca un ano máis, aínda no mesmo curso por algún estraño despiste ou noutro superior, dámosvos a benvida!!!
En Lingua de Alcaián acharedes un complemento formativo ás aulas presenciais de lingua e literatura galega no Pichel.
En Lingua de Alcaián, como di a lenda do noso concello, non todo está na superficie, así que teremos que espilir os cinco sentidos para ir máis aló nas nosas preguntas. Precísanse compañeir@s de viaxe con capacidade de observación, curiosidade, inquietude, dúbidas e iniciativa propia. Serás ti un/unha delas?
Imos poñer a proba xa a vosa atención.
QUE VES NESTA IMAXE?
Deixa a túa resposta inmediata na sección comentarios. As cinco primeiras persoas gañadoras levarán cadanseu premio!!!
Eu, mirando a imaxe dende dúas perspectivas diferentes vexo:
ResponderEliminar-Unha vella.
-O perfil dunha muller nova.