Como? É posíbel estudar galego en secundaria en Londres?
Pois todo indica que si e dende hai varios anos!!!
O alumnado do IE Cañada Blanch de Londres tamén inicia curso 2014-2015 e, como vén sendo habitual e moi propio de xente ben educadiña, preséntansenos publicamente.
Biografías lingüísticas que algúns centos de quilómetros de distancia física entre Coristanco e Londres non nos van impedir coñecer.
Agardamos as vosas mensaxes e impresións sobre este vídeo na sección "Comentarios".
Despois de ver este vídeo so me queda desexarlles moita sorte a todos eses alumnos que están a achegar un chisquiño de Galicia a Londres e darlles as gracias por compartilo con nos.
ResponderEliminarEspero que os rapaces e rapazas do vídeo disfruten falando e aprendendo a nosa lingua. Acollémosvos cunha gran aperta e un altísimo e clarísimo WELCOME!!!
ResponderEliminarOs meus parabéns a todos os participantes deste vídeo e porsuposto moitas grazas por esforzarvos tanto en aprender un pouco máis da nosa terra. Ánimo e a seguir así.
ResponderEliminarMoita sorte na aprendizaxe desta lingua a todos os rapaces e rapazas xa que é de moita honra ter tan boa representación de escritores e falantes do galego polo estranxeiro, concretamente en Londres, ánimo, ides por moi bo camiño!
ResponderEliminarPor suposto eu tamén me sumo aos parabéns das compañeiras. Confirmar convosco que o galego non ten fronteiras lingüísticas é un reforzo positivo para nós moi importante. Os mellores desexos para todas e todos vós!
ResponderEliminar