Hai unhas semanas celebrabamos a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil á escritora Ledicia Costas pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
A alegría continúa ao sabermos agora que o poeta de Rianxo, Gonzalo Hermo, acaba de ser recoñecido co Premio Nacional de Poesía Nova polo seu poemario de título ben premonitorio: Celebración.
Imos descubrir un pouco máis este poeta, desde esta entrevista que hoxe publica o xornal La Voz de Galicia.
Nos dous casos prémianse por parte do Ministerio de Cultura español obras en galego, antes de estaren traducidas, polo que o recoñecemento é dobre, á creación literaria e á lingua que a alimenta e constrúe.
Orgullos@s das nosa letras! Orgullos@s da nosa lingua!
Ningún comentario:
Publicar un comentario