Despois de tempo de traballo interno e silente, grazas á colaboración do alumnado de 3º A, celebramos unha mañá rosaliana ben especial sorprendendo, da man de Soraya e Elena, a rutina da vida académica nas aulas, nos corredores, na sala do profesorado, na cociña, nos departamentos, na conserxería... co agasallo de versos rosalianos.
E que mellor remate de festa dun día grande que descubrir unha outra forma de entender, escribir e interpretar publicamente a poesía grazas aos versos e acordes das poetas Lucía Aldao e María Lado.
Moito nos prestou ... ou non? Que contades por aquí?
A verdade é que prestou! O detalle de sorprendernos con un verso de Rosalía a todos e de disfrutar coa presenza de esas dúas poetas foi estupendo!
ResponderEliminarPareceume unha actividade moi entretida; volvería a repetila!...
ResponderEliminar