O pasado martes 14 de abril desprazamos as aulas á cidade de Vigo para visitar a Casa Galega da Cultura e admirar os fondos documentais conservados na Fundación Penzol que este ano conmemora cunha espectacular exposición o seu cincuenta aniversario.
Mª Dolores Cabrera, comisaria da exposición Fermín Penzol. Unha obra para un país guía a visita |
Foto de familia para despedirnos e agradecer o tempo e atención dedicada aos nosos anfitrións |
A viaxe permitiunos manter un encontro co escritor Francisco Castro, autor da lectura programada en 3º O segredo de Marco Polo.
Ademais, o acompañamento nesta viaxe do club de lectura permitiunos decubrir unha escritora cuxas novelas seguiron este curso: Ledicia Costas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario