21/05/13

DE CURROS A ROSALÍA


Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Este é o poema que Curros Enríquez escribiu para Rosalía de Castro ao que nos imos achegar desde dúas perspectivas; en primeiro lugar, desde a lectura da escritora Mª Xosé Queizán:




 En segundo lugar, na versión musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández:



TAREFA:

1. Escribe unha paráfrase do contido do poema.
2. Analiza metricamente o poema.
3. Localiza as diferenzas entre a 1ª e a 2ª estrofa.
4. Localiza no poema algún exemplo de hipérbaton e metáfora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA