27/02/13

ROSALÍA DE CASTRO. PUNTO E FINAL

Aquí rematamos esta xeira de traballo intenso de máis dunha semana ao redor da obra de Rosalía de Castro, 176 anos despois do seu nacemento e 150 da publicación de Cantares gallegos.

Agora toca agardar polas vosas bitácoras valorativas individuais, esas que fostes expresando nos vosos cadernos, entrada a entrada, día tras día, e ás que agora cómpre dar forma definitiva.

Lembrade que a data de entrega límite será o vindeiro martes 5 de marzo!

E para rematar imos ao principio, aínda que pareza unha contradición, da man das nosas compañeiras de 3º A que nos ofrecen esta lectura do prólogo de Cantares gallegos

Grazas Adriana, Katiana, Verónica, Lucía, Cintia, Rebeca e Judith, porque sen vós esta magnífica experiencia non sería posíbel!





6 comentarios:

  1. JAJAJAJAJA! Está moi ben! Sobre todo o final.

    ResponderEliminar
  2. Judith 3ºA28/02/13, 10:19

    Quedounos moi, moi ben, foi unha pena que non grabase a primeira vez.

    ResponderEliminar
  3. Martín Fdez.03/03/13, 07:40

    Tiña que saír Luís tocando no piano.

    ResponderEliminar
  4. Foi un pracer colaborar convosco nesta outra forma alternativa de ler o prólogo dos Cantares. Hai que repetir experiencia, si, mais coa música de Luís incorporada, por suposto!

    ResponderEliminar
  5. Sen dúbida algunha fixestes un gran traballo!!
    A seguir así!!
    Botanse de menos esas actividades... :(
    un saudo e unha aperta!!
    Fanny

    ResponderEliminar
  6. Mercedes Queixas01/04/13, 13:14

    Ola, Fanny! Graciñas polo piropo! Xa sabes que por Coristanco che somos así :)
    Nós tamén te estrañamos a ti! Agardamos unha pronta visita, non te fagas tanto de rogar!!!!!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA