Comezamos o curso sabedoras dunha moi boa nova para a internacionalización da literatura galega.
Atendendo ao título New Leaves, de Rosalía de Castro, de que poemario da autora recentemente editado en tradución ao inglés estamos a falar?
A editorial SmallStations xa ten reparado na nosa literatura hai tempo, mais quen nos pode descubrir que outros títulos de autoría galega están traducidos ao inglés no seu catálogo?
Quen nos axuda a traducir a presentación que desta obra ofrece a editorial no seu web para o lectorado anglófono?
E quen nos poderá achegar información sobre a relación da tradutora, Erin Moure, coa literatura e cultura galega?
Moito queremos saber, non si? Quen comeza a responder?




