24/09/16

NEW LEAVES, ROSALÍA DE CASTRO

Comezamos o curso sabedoras dunha moi boa nova para a internacionalización da literatura galega. 

Atendendo ao título New Leaves, de Rosalía de Castro, de que poemario da autora recentemente editado en tradución ao inglés estamos a falar?

A editorial SmallStations xa ten reparado na nosa literatura hai tempo, mais quen nos pode descubrir que outros títulos de autoría galega están traducidos ao inglés no seu catálogo?

Quen nos axuda a traducir a presentación que desta obra ofrece a editorial no seu web para o lectorado anglófono?

E quen nos poderá achegar información sobre a relación da tradutora, Erin Moure, coa literatura e cultura galega?

Moito queremos saber, non si? Quen comeza a responder?

4 comentarios:

  1. María Rodríguez02/10/16, 01:32

    Esta resposta foi obtida dunha entrevista que lle fixeron a Erin Moure: «A tradución ao inglés deste poemario é unha novedade que abordamos con entusiasmo, tanto desde Small Stations Press, como desde a Xunta, nesa coleción conxunta de clásicos en galego que crece ano a ano, para dar a coñecer aos nosos mellores escritores e escritoras fora de Galicia».

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mercedes Queixas03/10/16, 01:14

      Grazas, María, por esta información.

      Eliminar
  2. Patricia Bardanca02/10/16, 09:03

    Outros libros traducidos pola editorial SmallStations do galego ao inglés son:
    -'Longa noite de pedra' de Celso Emilio Ferreiro
    -'Nimbos' de Xosé María Díaz Castro
    -Unha escolma poética de Lois Pereiro
    -'Xente de aquí e de acolá' de Álvaro Cunqueiro
    -'Cantares gallegos' de Rosalía de Castro

    Erin Moure quixo aprender o galego para non sentirse extraña en Galicia, donde vivía o seu avó. Ademais, apaixonábana as linguas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mercedes Queixas03/10/16, 01:15

      Estupenda resposta, Patricia! Xa sabemos moito máis!

      Eliminar

DESPEDIDA