17/02/19

DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA



O 11 de febreiro é un día sinalado para lembrar unha realidade que debemos ter presente cada día do ano, a (desigual) presenza das mulleres no campo da investigación científica.



O mellor é coñecer de primeira man o traballo das nosas mulleres científicas e para iso compartimos a xornada do pasado xoves con tras científicas do CSIC: Eva Balsa Canto, Marta López Cabo e Luísa Martínez Lorenzo.



Grazas ao traballo de intercomunicación que desenvolvemos conxuntamente nos días previos, o encontro foi decisivo para desterrarmos falsas ideas que circulan confusamente polas redes sociais e no imaxinario colectivo a respecto da nosa realidade.



Un encontro altamente aproveitado e ao que agardamos poder dar continuidade.

Moitísimas grazas por vir ás nosas aulas!!!


2 comentarios:

  1. Rebeca 4ºA12:08, 19/02/19

    Moitísimas grazas por vir un ano máis ensninarnos algo novo.
    Esperemos que non sexa a última...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Lucía Taibo14:46, 19/02/19

    Grazas por seguir ensinándonos cada ano algo novo e por defender as mulleres na ciencia.
    Unha aperta,

    ResponderEliminar

DESPEDIDA