As palabras non son neutrais, contan moito máis do que di a súa aparencia gramatical, a súa fonética, a súa morfoloxía ou a súa definición semántica no dicionario.
Ás veces, no canto de contar, poden distorsionar, confundir ou mesmo negar algunha realidade.
Canto isto acontece, a linguaxe pode volverse discriminatoria.
Mais na nosa man está evitarmos que isto aconteza, poñendo atención no coidado dunha linguaxe inclusiva nos nosos discursos, conversas, exposicións escritas...
E como adoita acontecer con calquera proceso de aprendizaxe, precisamos ferramentas que nos axuden a mellorar a nosa calidade de lingua.
Estes días coñecemos a publicación dunha Guía de linguaxe inclusiva que recolle recomendacións para combater o emprego de linguaxes
discriminatorias e prácticas para o tratamento informativo de distintos
colectivos e situacións que poidan xerar riscos de exclusión.
Que vos parece se comezamos a autoavaliar o uso que facemos da linguaxe, e polo tanto da comunicación, desde unha perspectiva inclusiva? Imos aló?
Ningún comentario:
Publicar un comentario