09/12/18

NO RONSEL DE CASTELAO


Estamos a piques de pechar o primeiro trimestre escolar onde descubrimos en 4º ESO un dos autores referenciais da lingua, da literatura e da cultura galega: Castelao.


Para alén das sesións teóricas de aula, o vindeiro xoves 20 de decembro participaremos nunha saída didáctica extraescolar que nos levará a coñecer moito máis e mellor o pensamento e a obra do noso autor.






 En primeiro lugar, visitaremos na Cidade da Cultura a exposición "Castelao Maxistral", para posteriormente dirixirnos ao Panteón da Galegos Ilustres para ver a exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", organizada polo Consello da Cultura Galega.


Para irmos contextualizando esta actividade, deixamos por aquí dúas cuestións introdutorias. Agardamos as vosas rápidas respostas:

1. Que é a Alba de Gloria?
2. Que significa o cadro de Castelao coñecido como "A derradeira leición do mestre"

8 comentarios:

  1. Victoria Porteiro Bértoa 4°B16/12/18, 23:14

    1.Alba de Gloria, neste caso, é unha visita guiada organizada polo Consello da Cultura Galega na que se mostra o último discurso de Castelao.
    2. Como Castelao reflexou nas súas obras a realidade galega, a súa morte ocasionou que o pobo non poidera aprender del, polo que foi a súa última leición.
    Victoria Porteiro Bértoa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Marta Diaz Rodríguez 4°B18/12/18, 09:04

      1-Alba de gloria foi o último discurso de Castelao en Bos Aires.
      2-"A derradeira lección do mestre" é sacrificarse até conseguir o martirio por ensinar años demás.

      Eliminar
  2. Sara Álvarez18/12/18, 11:55

    1- Alba de Gloria foi o derradeiro discurso de Castelao, que non foi en Galiza, senon en Bos Aires
    2-O cadro de Castelao "a derradeira leicción do mestre" representa a morte de Castelao, moi sentida polo pobo galego, xa que a maioría dos seus coñecementos obtivéronse grazas a Castelao. A súa morte significou tamén a morte intelectual do pobo.

    ResponderEliminar
  3. Lucía Taibo 4ª A31/12/18, 05:50

    1- Alba de Gloria é a exposición onde se recrea e explica o último discurso que realizou Catelao. Tamen é unha reflexión sobre a visión plástica de Galicia e a súa historia.
    2- "A derradeira leición do mestre" representa a tristeza desconsolada dos nenos ao ver o corpo sen vida do seu mestre. Castelao con este cadro quixo homenaxear a un amigo seu ,Alexandre Bóveda,que foi julgado e aniquilado polo bando franquista. No seu transfondo a obra mostra a realidade que Galiza viviu despois da guerra.

    ResponderEliminar
  4. Rebeca 4ºA08/01/19, 07:33

    1- Alba de Gloria é o último discurso de Castelao que tivo lugar en Bos Aires.
    2- "A derradeira leición do mestre" representa o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.

    ResponderEliminar
  5. Natalia 4°A09/01/19, 08:48

    1:Alba de Glorio foi o último discurso que deu Castelao en Bos Aires(Arxentina)
    2: "A derradeira leición do mestre" representa a un mestre asasinado ante dous nenos lamentados polo súa morte. Esta obra foi homenaxeada ao seu amigo Alexandre Bóveda.

    ResponderEliminar
  6. 1-Alba de Glorio é o último discurso que Castelao realizou en Bos Aires.
    2-“A derradeira leición do mestre” representa a tristeza de dous nenos debido ao falecemento do seu mestre, no cal Castelao quixo homenaxear ao seu amigo Bóveda.

    ResponderEliminar
  7. Moitas grazas polas vosas respostas complementarias. Agardo que fose unha xornada de convivio e aprendizaxe inesquecíbel para vós!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA