23/09/18

ADEÚS VERÁN, OLA OUTONO

Neste tempo en tránsito estacional que andamos, despedimos o verán...


 ... para recibirmos o outono como merece, cos versos do poeta Manuel María:


E cal é a nosa proposta didáctica para estrearmos este outono?

Nin máis nin menos que saber que nos conta esta estación no repertorio oral tradicional galego. Que din do outono os refráns e as frases feitas?

Comeza o tempo de investigación e recollida este luns 24 de setembro e remata o vindeiro venres 28.

A ver quen vai chegando á sección "Comentarios" deste blog coas súas descubertas...

62 comentarios:

  1. Lucía Bermúdez 3º ESO24/09/18, 06:48

    -Flores no outono, fame no ano novo.
    -Outono quente, trae o demo no ventre.
    -Auga de outono, mata o seu dono.
    -En outono, bebe o viño vello e deixa entrar o novo.
    -Outono chuvioso, ano copioso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi bo comezo, Lucía! Así dá gusto! Poderías deixar anotado quen foi a túa fonte informativa?

      Eliminar
    2. Lucía Bermúdez 3°ESO25/09/18, 11:17

      Fonte: a miña avoa

      Eliminar
    3. Grazas, Lucía, agradécello como ela merece!

      Eliminar
  2. Rafael Martínez º ESO24/09/18, 10:34

    -A horta do San Martiño, ten para el e máis para o veciño.
    -En setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes.
    -Outono quente, trae o demo no ventre.
    -Polo Sán Simón, proba o viño e o porco polo San Martiño.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bo traballo, Rafael. Podemos coñecer quen é a túa fonte informativa?

      Eliminar
    2. Rafael Martínez 3º ESO25/09/18, 10:54

      Contoumos miña nai e algunas veciñas de Agrilloi.

      Eliminar
    3. Afortunado ti con esas fontes informativas! Agradecemento para elas!

      Eliminar
  3. -Por San Martiño cóllese o cocho polo fuciño.

    -Por San Tomé cóllese a cabra polo pé, o cocho polo rabo e San Tomé e polo rabo.

    ResponderEliminar
  4. -Choiva por San Miguel pouco tempo vas ver.
    -Por San Miguel ou secan as fontes ou leva as pontes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boa colleita, Sara! Estaría ben coñecer quen é a fonte subministradora de tan valiosa información!!!

      Eliminar
    2. Fonte: o meu tío.

      Eliminar
    3. Seguro que se segue a pensar aínda nos axuda un pouco máis! Graciñas!

      Eliminar
  5. Laura Gómez Velo25/09/18, 08:01

    Outono presente, inverno na acera de enfrente

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi boa esta primeira achega! De onde procede a información?

      Eliminar
  6. Arturo Vila Sousa 4ºA25/09/18, 08:13

    Outono chuvioso ano copioso.

    ResponderEliminar
  7. Victoria Porteiro Bértoa 4ºB25/09/18, 08:54

    -Non hai viño ruin con castañas asadas e sardiñas salgadas.
    -As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
    -Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.
    Fontes: veciños da aldea.

    ResponderEliminar
  8. Elver Galarga25/09/18, 09:05

    Con Franco este Blog non estaba aberto, e moito menos escrito por una muller.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente. Mais, felizamente, a educación e a formación progresiva desenvolveron o respecto e a equidade no camiño de superar a ignorancia. A democracia tamén permite, a diferenza da ditadura militar fascista que vostede estraña, manifestar publicamente ideas diverxentes coa cohesión social. Mais non vale todo, moito menos amparado en pseudónimos escuros e provocadores. Este espazo é de uso estritamente didáctico, un foro de comunicación e formación pedagóxica entre o meu alumnado e eu, ademais de ser consultado por comunidades educativas esternas ao centro en que se aplica. É, por iso, público, mais non ten cabida aquí ningunha das ideas que vostede enuncia. Faga o favor de non volver inmiscirse no noso traballo construtivo.

      Eliminar
  9. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  10. Alejandro Bertoa 3º25/09/18, 10:14

    "Castañas, noces e viño, fan as delicias de San Martiño"
    "Polo San Martiño, trompos o camiño e polo San Amaro, trompos ao faiado"
    "Despois de San Martiño, achégase o inverno de camiño"

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben, Alejandro! Non esquezas anotar a fonte informativa oral

      Eliminar
    2. Alejandro Bertoa 3º26/09/18, 09:36

      Fonte: meu avó

      Eliminar
  11. María Pazos 3º ESO25/09/18, 11:30

    Por San Martiño, pan e viño
    Antes de San Martiño, pan e viño e despois fame e frío
    Flores no outono, fame no ano novo
    En outono, bebe o viño vello e deixa entrar o novo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, María! Reitero a pregunta: quen é a fonte informativa oral que che subministrou a información?

      Eliminar
    2. María Pazos 3° ESO27/09/18, 06:17

      Dun libro escrito por Xan ex profesor do noso noso centro chamado "cultura popular en Coristanco"

      Eliminar
  12. Maria Varela 3º25/09/18, 12:10

    Noviembre tronado,malo para o pastor e para o ganado
    Calabazas coloridas,en otoño recollidas
    Verán que dura otoño que asegura
    No outono hay o verán do San Martiño,que ben pode ser largo ou tamén cortiño.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. María, repara ben nos refráns e seguro que te decatas axiña de que algo falla, non si?

      Eliminar
    2. María Varela 3º27/09/18, 07:59

      *Novembro tronado,malo pra o pastor e pra o gando
      *Cabazas coloridas,en outono recollidas
      *Verá que dura, outono que asegura
      *No outono hai o verá do San Martiño, que ben pode ser longo ou tamén cortiño

      Eliminar
  13. Uxía Abelenda 3º26/09/18, 06:59

    -Horta de outono mantén o seu dono
    -Se as patacas non colles en outono, has pasar máis fame ca un mono
    -En septembro é outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo

    Fonte:veciños da miña avoa

    ResponderEliminar
  14. Natalia Bouzas 4ª A26/09/18, 07:33

    - Por san Martiño mata o teu porquiño e por san Miguel recolle o mel.
    - Deixaches a porta aberta. Fun ver quen viña cantando, non fagas caso das lendas co magosto esta chegando.
    - Abrin a porta moi cedo e un vento frío contoumo anda coller un abrigo xa está o outono.
    -Que pouco lle vai durar a castaña a súa ledicia ven camiño o magosto; e todo se paga na vida.
    Estes refráns dixomos miña nai.

    ResponderEliminar
  15. Rebeca 4°A26/09/18, 07:35

    -Castañas, noces e viño fan as delicias do San Martiño
    -A horta en outono mantén o seu dono
    -Moita flor na primavera bo outono nos espera
    Fonte: meus avós

    ResponderEliminar
  16. Valeria 4ºA26/09/18, 08:29

    -A cada porquiño lle chega o seu San Martiño.
    -Novembro chuvioso, ano colleitoso.
    -É inverno natural, desde Santos a Nadal.

    Fonte: meus avós.

    ResponderEliminar
  17. Anodi Latado26/09/18, 09:10

    . Y digo si me lío

    ResponderEliminar
  18. Lucía Bardanca Rojo, 3° da ESO26/09/18, 13:16

    -A todos os porquiños lles chega o San Martiño.
    -Polo San Martiño pan e viño, e despois dame e frío.
    -A hora de San Martiño ten para el e para o veciño.
    -Auga en outono, mal para o meu dono.
    -No outono, a verza para o seu dono.
    -Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
    -Pranta en outono e terás para o ano todo.

    Fonte: meu pai, miña tía e os meus veciños.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lucía Bardanca Rojo, 3° da ESO26/09/18, 13:23

      -Polo San Martiño pan e viño, e despois fame* e frío.
      -A horta* de San Martiño ten para el e para o veciño.

      Eliminar
  19. Lucía Taibo 4ª A26/09/18, 13:33

    -Castañas,noces e viño,fan as delicias do San Martiño.
    -Outono quente trae o demo no ventre.
    -Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
    -Despois do San Martiño, ven o inverno de camiño.
    -San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
    -A horta en outono mantén o seu dono.
    -Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
    -Outono chuvioso ano cospioso.
    -Si en setembro empeza a chover,outono seguro é.
    -En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
    -Moita flor na primavera bo outono nos espera.
    -A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño

    FONTE: meus avós, meus pais

    ResponderEliminar
  20. Brais Canedo 4º A27/09/18, 01:42

    O verán de San Martiño pode ser grande ou pequeniño.
    No mes de Santos, a mais tardar, ponte a sementar.

    Fonte informativa: meus bisavós

    ResponderEliminar
  21. -O sol de Outono mata ao seu dono.
    -Setembro trae aguas que che ven Decembro.

    Fonte Informativa:O meu avó e a profesora Sandra.

    ResponderEliminar
  22. en outono castañas ao forno- Kevin Rodriguez Couto - Miña Nai

    ResponderEliminar
  23. WILLIAM PEÑA CASTRO

    "Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

    "Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

    "Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

    "Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

    "Temperá é a castaña que por setembro regaña"

    "Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

    "Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"

    ResponderEliminar
  24. Oscar Seoane Fernández 3º A27/09/18, 06:42

    Si en setembro empeza a chover, outono seguro é
    Outono chuvioso ano copioso

    Fonte:miña nai e miña avóa

    ResponderEliminar
  25. Outono quente leva o demo no ventre

    ResponderEliminar
  26. Raúl Tarrío Fuentefría 3ºA27/09/18, 06:48

    San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

    A horta en outono mantén o seu dono.

    Outono quente trae o demo no ventre.

    Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

    Outono chuvioso ano copioso.

    Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

    En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

    Moita flor na primavera bon outono nos espera.

    A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Raúl Tarrío Fuentefría 3ºA27/09/18, 06:59

      Fonte: Miña avoa

      Eliminar
  27. José Ramón Fariña 3ºA27/09/18, 07:00

    -A auga no outono mata ao seu dono
    -Se queres comer caldo do sabrosiño sala o porco polo San Martiño
    -O porco curadiño comese dende o rabo ao fuziñp
    -Na caida da folla a morte soa

    ResponderEliminar
  28. Aroa Collazo 4°A27/09/18, 07:12

    -Se as fontes non xurran no San Martiño ó menos,que co porco fresco xurre o viño.

    -Se no San Martiño inda non chegaron as troadas,non falte ó menos o raxo de porco nas empanadas.

    -Se inda aa enxurradas non fartaron a sede das terras non lle falte endexamais ó gando bos prados con herba.

    -Santa Lucía quitalle a noite e mételle ao día.

    -Outono chovioso ano copioso

    Fonte:meus avos e meus pais

    ResponderEliminar
  29. Miguel Pardiñas Costa 4ºB27/09/18, 08:07

    -De outubro, a primeiros, repón os aperos.
    -En outubro calda de follas e lumbre.
    -A lúa de outubro, sete lúas cobre.
    -si outubro é curto en grans, será longo en caldos.
    -No día de defuntos memoria e frío van xuntos.
    -Novembro acabado inverno empezado.
    -Por San Eugenio, as castañas ao lume, a leña ao fogar e as ovellas a gardar.
    -Folres no outono, fame no ano novo.
    -

    Fonte: Un libro refraneiro.

    ResponderEliminar
  30. Marta Díaz Rodriguez 4ºB27/09/18, 08:39

    - Auga de outono mata o seu dono.
    -Polo San simón pon o tapón, polo san Martiño proba o viño.
    - A horta de outono mantén ó seu dono.
    - Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
    - Si en Setembro empeza a chover, outono seguro é.
    -Moita flor na primavera bon outono nos espera.
    -Outono quente trae o demo no ventre.
    -Temperá é a castaña que por setembro regaña.

    Fonte: avós e pais

    ResponderEliminar
  31. Álvaro Abelenda Calvo 4ºA27/09/18, 11:21

    -No magosto,castañas asadas con viño mosto.
    -No San Martiño a castaña estra o camiño.
    -Secos veráns,outonos tempráns.
    -Auga de outono,mata o seu dono.

    Fonte: miña nai e a súa xefa.

    ResponderEliminar
  32. Miguel deus 4B27/09/18, 11:26

    Temperá e a castaña que por setembro regaña
    Fonte:Miña avoa

    ResponderEliminar
  33. Miguel deus 4 B27/09/18, 11:32

    Na espiga:
    -Quen encontre a espiga reina marcha pra' casa
    Fonte:miña avoa

    ResponderEliminar
  34. Miguel deus 4 B27/09/18, 11:39

    -Non chas quero, non chas quero, rabizas do teu nabal
    -non chas quero, non chas quero, que me poden facer mal.
    Fonte:Meu avó

    ResponderEliminar
  35. Noelia García 4ºB27/09/18, 12:00

    -Deixa a auga e bebe viño despois de San Martiño.
    -O verán de San Martiño son tres días mais un pouquiño.
    -Novembro acabado, inverno empezado.
    -A orta do outono manten o seu dono.
    Fonte: miña avoa e meus pais.

    ResponderEliminar
  36. Marta Calvo 4ºB27/09/18, 13:31

    Por San Martiño cada día seu ferradiño.
    Por San Martiño votan os tromposno camiño.
    Outono chuvioso ano copioso.
    Por San Martiño vai ver o teu soutiño.
    O que non sabe mañas non come castañas.
    Fontes: meus avos

    ResponderEliminar
  37. Ana Díaz Rodríguez 4ºA27/09/18, 14:08

    -No outono as berzas matan ao dono
    -Outono quente leva ao demo no ventre
    -A horta en outono mantén ao seu dono
    -Castañas,noces e viño fan as delicias de San Martiño
    -Polo San Miguel sabe o touciño a mel
    -A horta de San Martiño ten para el e máis para o veciño

    Festas:
    -Entroido
    -Samaín
    Fontes:pais,avós, tíos e veciños.

    ResponderEliminar
  38. Christian Piedrafita Serantes 4A27/09/18, 14:29

    -Outono quente trae o demo no ventre.
    -En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
    Fonte: Miña avoa.

    ResponderEliminar
  39. Tania Caamaño 3º28/09/18, 06:14

    ·San Migueliño das uvas maduras,moito me tardan e pouco me duran.
    ·A horta do San Martiño ten para el e mais para o seu veciño.
    ·A auga no Outono seica mata ao seu dono.
    Fonte:miña bisavoa.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA