Esta xornada de mércores foi ben diferente ás habituais.
Primeiro, iniciamos unha mañá ben teatreira onde rimos moito a conta dos prexuízos lingüísticos existentes na sociedade galega e que tan ben escenificaron os actores e a actriz da compañía ceense, Talía Teatro.
Nós, falamos sen
Pelos na lingua
E logo, no Museo da Historia Natural percorremos hábitas, ecosistemas e coleccións de minerais e rochas próximos e alleos, que moito nos sorprenderon pola súa riqueza e variedade.
Agardamos polas vosas impresións na sección de comentarios.
Quen se anima a comezar?
Pareceume unha actividade moi interesante. A obra de teatro foi moi entretida e causou moitas risas entre público.
ResponderEliminarO museo pareceume impactante, había animais de todos os tipos e os hábitats destes estaban recreados á perfección.
Sen dúbida, unha actividade excelente. Oxalá moitas máis así!
Dende o meu punto de vista, a excursión foi moi entretida.
ResponderEliminarA obra, cunha serie de momentos da nosa vida cotiá mezclados co humor, causou moitas risas entre o público.
O museo gustoume moito e impactoume todos os animais e os seus respectivos hábitats.
Moitas grazas por esta gran actividade!
A min pareceume moi entretida e divertida,aínda que tamén me pareceu que detrás desa comedia tiñas que fixarte no que realmente intentaban transmitir,por certo,o museo tamén estivo moi ben.
ResponderEliminarA min esta excursión pareciume bastante ben porque xa levava tempo sin ir a ningunha e polo demais o teatro foi un dos mellores que fun e paseino ben tamén o museo me pareciu impresionante xa que nunca vira animais disecados e tamén s minerais me pareceron moi chulos ainda que s diamantes erans de mentira e para terminar pois a comida na que o pasei moi ben con Angel, David, Pablo, e Juán o de 4ºA.
ResponderEliminarMoi boa experiencia, e unha obra de teatro moi difícil de superar xa que me gustou moito, a que máis de todas as que vin.
ResponderEliminarGustoume moito a actividade! A obra de teatro foi máis que divertida e o museo pareceume super interesante e super bonito. Espero que repitamos!
ResponderEliminarGustoume moito a actividade! A obra de teatro foi máis que divertida e o museo pareceume super interesante e super bonito. Espero que repitamos!
ResponderEliminar