No outono de 1947 creouse o Patronato Rosalía de Castro co fin de
reparar a Casa da Matanza en Padrón, casa na que Rosalía viviu os seus
últimos anos de vida.
Restaurouse en 1971 e converteuse en Casa-Museo en
1972, aínda que conserva de forma practicamente inalterada a súa
estrutura orixinal que consta de dúas plantas.
Na planta baixa, denominada 'O perfil dunha sombra', pódese apreciar a
súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa
escritora.
A primeira planta, chamada 'O seu', é unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario