Até tres pretendentas tivo hoxe o noso novo destino viaxeiro: Adriana Lista, Cintia Riveiro e Verónica Viqueira.
Que vos parece?
De entre as tres respostas atinadas, imos escoller a que, ademais, nos achegou información sobre este lugar: o Faro de Punta Nariga.
Deixámosvos coas palabras da guía de 4º Verónica Viqueira:
A foto do blog corresponde ao Faro de Punta Nariga.
Este faro atópase en Malpica e é o último faro construído en España (1998).
O cilindro da torre está construído con granito do Porriño conforme o deseño do arquitecto César Portela.
Orientado
ao oeste, preséntase como a proa dun barco que suca as augas, coroada
por unha escultura de bronce. Esta trátase dunha particular estatua do
artista Manolo Coia, tallada en 1994, cuxa figura se debate entre o humano e a forma dunha gaivota como se fose unha ave a piques de voar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario