24/09/12

OLLIÑO Á PUNTUACIÓN!

Xa sabemos que os sinais de puntuación son importantes. 

Mesmo sabemos (de memoria) as normas para a súa correcta aplicación. 

Con todo, á hora da verdade,  cando nos poñemos a escribir non sempre o facemos ben.

Un punto ou unha coma colocado onde non procede pode crear confusión na lectura e incluso alterar por completo o contido dun texto escrito.

Puntuade este testamento e xa veremos quen é a persoa que leva esta suculenta herdanza!!!





“Eu déixolle os meus bens ao meu fillo non ao meu sobriño tampouco de maneira ningunha eu quero que a miña herdanza pase ao meu irmán non lle deixo o meu legado á miña esposa de xeito ningún os meus bens son para o meu cuñado”

2 comentarios:

  1. Alba Abelenda25/09/12, 01:38

    “Eu déixolle os meus bens ao meu fillo, non ao meu sobriño, tampouco de maneira ningunha eu quero que a miña herdanza pase ao meu irmán, non lle deixo o meu legado á miña esposa, de xeito ningún os meus bens son para o meu cuñado.” Listo, deixolle todo o fillo.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Alba, por seres a primeira en resolver!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA