08/06/12

VILAMOR: TES QUE VELA


Despois do magnífico encontro que hoxe tivemos co director da película Vilamor, Ignacio Vilar, cos actores Rubén Riós e Xoel Yáñez e a actriz Sabela Arán , lembrade que segue aberto o prazo (deica o 30 de xuño) do concurso de vídeos promocionais da película "Tes que vela!".





Primeiro hai que ir ver a película ao cine a Carballo. E logo... vós, que me sodes tan artistiñas... seguro que aínda habedes preparar algo...


Velaquí a información do cncurso e o acceso ás bases: http://vilamor.eu/web/gl/blog/ver/ampliamos-un-mes-mais-o-prazo-do-concurso-tes-que-vela/

E non vale conformarse con vixotar o que fan @s outr@s!!! Que vos coñezo!!!

Graciñas aos catro por esta xornada felizmente emotiva ao redor da lingua do cine. Deica a próxima!!! 


5 comentarios:

  1. Confirmada a continuidade do filme na carteleira de Carballo como mínimo até o día 21.

    ResponderEliminar
  2. É unha moi boa nova! En canto poida irei a vela,ainda que na clase xa estiveron contando a metade da película e xa non ten emoción jaja!

    ResponderEliminar
  3. Xa sabes que non hai nada mellor que quilo que unha descobre por si mesma ;-D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Martin Fernandez19/06/12, 09:00

      Xa, pero o problema é que xa non hai nada que descubrir, contaron ata o mínimo detalle

      Eliminar
  4. Mercedes Queixas20/06/12, 05:01

    Non te fíes do que conte o mundo, Martín, descúbreo por ti mesmo! ;-D

    ResponderEliminar

DESPEDIDA