18/03/12

E O MELLOR EPITAFIO É...

Chegou a hora de fallar o noso particular concurso de epitafios. Desde logo, gañe quen gañe, non se vos pode negar aos mozos e mozas de 3º, a vosa inmensa capacidade creativa.

Agora toca votar! Mais primeiro lede con atención todos os epitafios presentados, tomade boa nota do seu número e o misterio ficará resolto ao longo desta semana...

RELACIÓN DE EPITAFIOS CANDIDATOS

1. Se keredes ser máis marabillosos, morrede

2. Fumas? Es adicto ao tabaco? Fumas catro pitillos xuntos? Pregúntaste porque estou preguntando o que che pasa? Pois estate tranquilo! Chegou o novo remedio para deixar de fumar! ¨Eu conseguino¨. Di: DEP.

3. Isto estáseme a facer eterno.

4. Que miras, como me levante!

5. Aquí xace un home que tentou vivir a súa vida de forma que ao nacer todos os que estaban ao seu carón rían e el choraba, e no intre da súa morte todos os que estaban ao seu carón choraban mentres el ría.

6. Comprei o billete de ida pero esquecín comprar o de volta.

7. Estou nos ósos.

8. Se queres cámbioche o sitio.

9. Que raro, ultimamente non se soa o despertador!

10. Que ben se está aqui, a esta marabillosa sombra, xa hai tempo que non sae o Sol Apagaríase?

11. Coido que este non se abre petando a porta...

12. Buf! Que aburrido, podíanlle poñer música polo menos.

13. Creo que non me debín durmir nesa caixa tan bonita...

14. Porras, non teño cobertura baixo terra.
Imos aviados!

15. Xa sabía eu que este médico non era moi bo.

16. Por que chorades?
Que críades, que era inmortal?

17. "¡Tírate!¡Que total nestas augas non hai tiburóns!" Dicía o outro ¡GRRR!¡Como o pille...!

18. Ben, creo que definitivamente, deixei o tabaco!

19. Para ser un "cuarto escuro" dese non hai ambiente.

20. Tanto tempo na mesma postura estame a rebentar!

21. Aquí me tes!!! Nin sinto, nin vexo nin aparto do perigo.

22. Neste momento non podo atenderte. Estou apagado ou fóra de cobertura.

23. Perdoe as molestias. Estoume reciclando.

24. Por non me decatar, non me decato nin do frío.

25. Que ben se ve todo dende aquí arriba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA