O pasado xoves 15 de maio o CORRELINGUA chegou á Coruña e nós fomos aló, á festa final, despois de ter participado nos diferentes concursos que se convocaron ao longo do ano.
Unha xornada festiva e reivindicativa que xa queda na nosa memoria persoal e fotográfica.
Mañá é o Día das Letras Galegas, unha data de recoñecemento do sistema literario galego que leva camiñando, paso a paso, desde a lírica medieval, nada máis e nada menos que oito séculos.
Mañá é o día perfecto para comezar coa lectura dun autor ben significativo da segunda metade do século XX: Xosé Mª Díaz Castro.
Imos achegarnos a el desde esta Lingua de Alcaián, grazas ao labor didáctico que comparten connosco desde diferentes propostas pedagóxicas escolares.
O poema "Penélope" é con certeza o máis recoñecido do autor pola súa simboloxía metafórica ao identificar a mítica Penélope con Galiza.
A poeta Yolanda Castaño, que nos acompañou este curso nunha xornada inesquecíbel, acaba de recibir esta semana o XI Premio de Poesía Fundación Novacaixagalicia polo seu poemario A segunda lingua.
Velaquí o seu recén estreado booktrailer para comezarmos a tomarlle o gusto a esta nova proposta poética da autora.
Xa se coñecen os centros gañadores dos concursos do CORRELINGUA 2014.
O Manifesto premiado corresponde ao grupo "Os Ameneiros" do IES Isaac Díaz Pardo de Sada e o Vídeo gañador foi realizado polo alumnado do IES Elviña da Coruña.
Non fomos gañadores, mais foi unha boa experiencia ter participado! Grazas a todos os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º que fixestes o posíbel por intentalo!
Esta semana presentouse publicamente a campaña Como cho digo ;-) co obxectivo de reclamar a visibilizacion do galego nos medios de comunicación.
Este vídeo de presentación dá conta de diferentes reflexións ao redor da tradución ao castelán que moitas veces a prensa fai das declaracións ou entrevistas a persoas que se expresan en galego.
Seguro que recoñeceredes moitas caras!!!
Rematada a visualización, cómpre reflexionarmos sobre os contidos nel expresados, en primeiro lugar, para analizar deseguido a aplicación dos conceptos de "normalización" e "dinamización" lingüística, así como valorar cales dos tres pulos normalizadores (institucional, colectivo e individual) participan desta campaña.
Velaquí un enlace interactivo para completar as nosas explicacións e lecturas de aula ao redor da narrativa galega de posguerra.
Non esquezades que o vindeiro luns 17 de marzo deberedes ter decidido, aínda que é con carácter voluntario, o alumando de 4º ESO, que escritor ou escritora deste tempo ides analizar e presentar ao grupo.