14/05/13

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?


A poucos días de celebrarmos a alegría do Día das Letras galegas, a homenaxe ao autor de teatro Roberto Vidal Bolaño e o 150 aniversario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro, como poden explicarse novas xornalísticas como esta?





Tentaremos reflexionar sobre esta realidade sociolingüística para aplicar os coñecementos traballados na aula nas últimas semanas.

PARABÉNS PARA DORES TEMBRÁS...



... por ser a gañadora do Premio de Poesía que convoca o Concello de Carral e que foi fallado no día de onte. 

Moi pronto poderemos ler o seu novo poemario: Cronoloxía da urxencia. Mentres, vaiamos averiguando que nos conta sobre el nesta entrevista que hoxe publica o xornal Sermos Galiza.

PARABÉNS DORES!!!!

DE VOLTA DO CORRELINGUA

O entrenador do Deportivo saudounos a todos os centros participantes no Correlingua

Encantadísim@s un ano máis de ter participado no Correlingua da Coruña!!! O ano próximo voltaremos!!!

Agardamos pola reportaxe fotográfica da xornada, mais mentres tanto podemos seguir escoitando o grupo musical que nos acompañou: Monoulious, gañador do concurso Cantalingua 2013. 

Fica convosco!!!

02/05/13

BENVIDO SEXAS MAIO!

A piques de comezar o estudo da obra de Manuel Curros Enríquez en 3º de ESO, os seus versos axúdannos a recibir este mes de maio que xa nos bateu na porta...

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
 

Tamén podemos seguir a lectura acompañándoa da versión musical de Emilio Batallán


E O GRAFITI GAÑADOR É...

 
As palabras lévaas o vento e en Galicia hai moitos eólicos

Parabéns a todo o alumnado de 3º e 4º pola súa participación creativa!!!!

 

NOVA DESCUBERTA VIAXEIRA

Judit lévanos, máis unha vez, de viaxe polo país. Que ben o debe coñecer!!!!

Nesta ocasión a cita é no Monte Branco, en Ponteceso. Onde é? Que peculiaridade ten? Ollade o que nos contou...

Ao pé desta duna atópase o areal do Trece, unha praia virxe e aberta, de forte oleaxe, onde as augas cristalinas mestúranse coa súa fina e branca area. Ademais, para ver a praia de cerca só é posible acceder a ela camiñando.
Alí atópase a planta que lle deu o nome a Camariñas, a Camariña, pois nos accesos e na praia do Trece é onde se localiza o principal reduto desta planta en territorio galego, ademais de ter un gran número de especies pouco comúns.
A acción das mareas e o vento formaron no Monte e no estuario unha gran cantidade de area, modelando unha lingua areosa chamada A Barra, de 2km de lonxitude e 500 metros de anchura. É a atalaia da paisaxe de Ponteceso.

Eduardo Pondal tampouco se esqueceu desta paisaxe admirábel nos seus versos:
 
Monte Branco, monte Branco
Cando te vejo de longe
verto a soas triste pranto

Pois as nosas alegrías
ós dous nos foron fallando
a tí das túas areas
os ventos te despoxano
a min tamén me fallecen
aqueles gustos pasados
¡ Ti negreas ¡eu teño a cabeza
chea de cabelos brancos ¡

DESPEDIDA