28/01/15

DE DESCUBERTA POR COMPOSTELA

Esta xornada de mércores foi ben diferente ás habituais. 


Primeiro, iniciamos unha mañá ben teatreira onde rimos moito a conta dos prexuízos lingüísticos existentes na sociedade galega e que tan ben escenificaron os actores e a actriz da compañía ceense, Talía Teatro.

Nós, falamos sen 
             
              Pelos na lingua


E logo, no Museo da Historia Natural percorremos hábitas, ecosistemas e coleccións de minerais e rochas próximos e alleos, que moito nos sorprenderon pola súa riqueza e variedade.



Agardamos polas vosas impresións na sección de comentarios.

Quen se anima a comezar?

9 comentarios:

  1. Soraya Mato29/01/15, 00:15

    Pareceume unha actividade moi interesante. A obra de teatro foi moi entretida e causou moitas risas entre público.
    O museo pareceume impactante, había animais de todos os tipos e os hábitats destes estaban recreados á perfección.
    Sen dúbida, unha actividade excelente. Oxalá moitas máis así!

    ResponderEliminar
  2. Dende o meu punto de vista, a excursión foi moi entretida.
    A obra, cunha serie de momentos da nosa vida cotiá mezclados co humor, causou moitas risas entre o público.
    O museo gustoume moito e impactoume todos os animais e os seus respectivos hábitats.
    Moitas grazas por esta gran actividade!

    ResponderEliminar
  3. A min pareceume moi entretida e divertida,aínda que tamén me pareceu que detrás desa comedia tiñas que fixarte no que realmente intentaban transmitir,por certo,o museo tamén estivo moi ben.

    ResponderEliminar
  4. Adrián Rodríguez29/01/15, 00:33

    A min esta excursión pareciume bastante ben porque xa levava tempo sin ir a ningunha e polo demais o teatro foi un dos mellores que fun e paseino ben tamén o museo me pareciu impresionante xa que nunca vira animais disecados e tamén s minerais me pareceron moi chulos ainda que s diamantes erans de mentira e para terminar pois a comida na que o pasei moi ben con Angel, David, Pablo, e Juán o de 4ºA.

    ResponderEliminar
  5. A obra estuvo moí ben xa que foi moí entretida e divertida xa que era unha parodia de risa.
    O museo tamen estuvo ben xa que vira animáis que nunca vira e tamen foi interesante velos disecados.

    ResponderEliminar
  6. A obra estuvo moí ben xa que foi moí entretida e divertida xa que era unha parodia de risa.
    O museo tamen estuvo ben xa que vira animáis que nunca vira e tamen foi interesante velos disecados.

    ResponderEliminar
  7. Moi boa experiencia, e unha obra de teatro moi difícil de superar xa que me gustou moito, a que máis de todas as que vin.

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito a actividade! A obra de teatro foi máis que divertida e o museo pareceume super interesante e super bonito. Espero que repitamos!

    ResponderEliminar
  9. Gustoume moito a actividade! A obra de teatro foi máis que divertida e o museo pareceume super interesante e super bonito. Espero que repitamos!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA