15/11/13

VERBAS PARA COMPARTIR

Imos ollar as verbas que reproduce esta curtametraxe, recoñecer aquelas cuxo significado descoñecemos para adoptalas para o noso uso. Finalmente, deixaremos máis abaixo en comentario unha palabra nova, da nosa especial preferencia, coa que nos agasallaremos.

Quen empeza?


20 comentarios:

  1. Eu agasállote coa palabra APÓUTEGA, así tamén lembro que zugaba esa planta cando era pequena.
    En realidade fago o comentario para dicirche que che "roubei" a curta. Quero que a vexan os meus alumnos.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas15/11/13, 13:51

    Moitas grazas, Marina, polo teu agasallo e a túa fermosa lembranza persoal. Encantada de partillares tamén entre o teu alumnado esta curta tan emotivamente natural.

    ResponderEliminar
  3. A miña palabra é agasallo

    ResponderEliminar
  4. A miña palabra é Muiñeira, o baile tradicional galego.

    ResponderEliminar
  5. A miña palabra é LATRICAR porque eu non falo, eu latrico!

    ResponderEliminar
  6. Mercedes Queixas18/11/13, 10:39

    Que ben pinta esta nova colección de palabras!!!!!

    Vou deixar a miña palabra-agasallo: MARMELO, porque estamos no tempo del e que ben sabe o que se fai na casiña!!!!!

    ResponderEliminar
  7. A miña palabra é COGUMELO, porque me gusta como sona, non sei, sempre me gustou!!!!

    ResponderEliminar
  8. Mercedes Queixas18/11/13, 14:04

    Benvidas esas dúas novas adquisicións de Julia e Sheila!!!

    ResponderEliminar
  9. A miña palabra é MEDIALEVA

    ResponderEliminar
  10. A miña palabra é troula .

    ResponderEliminar
  11. Sara Costa19/11/13, 08:40

    A miña palabra é tixola, dise así no lugar do meu pai.

    ResponderEliminar
  12. Iria Castiñeira19/11/13, 09:29

    A miña palabra é praia.

    ResponderEliminar
  13. Vanesa Varela19/11/13, 11:17

    A miña palabra é LUSCOFUSCO.

    ResponderEliminar
  14. Judith Martínez.19/11/13, 12:15

    A miña verba é DESPARAFUSADOR. Dende que a escoitei por primeira vez cando era cativa, sempre me estivo rulando a memoria...

    ResponderEliminar
  15. rosalía villar20/11/13, 09:38

    A miña verba é aperta.

    ResponderEliminar
  16. A miña palabra é estoxo.

    ResponderEliminar
  17. Continuamos a medrar este dicionario de palabras amigas virtual!!!!! Eu vou deixar outra: REPICHOCA
    A que soa ben???

    ResponderEliminar
  18. Jennifer Jiménez21/11/13, 08:06

    A miña palabra é vagalume, encantame como soa.

    ResponderEliminar
  19. As miñas palabras son moitas.. así como: muiñada, lareira, regueifa, xurelo, encaixe, carballo, abeneiro, xoaniña, carallo, escampar, treboada, orballo, MORRIÑA, luar, meiga, badalada. Eu quero o galego, penso en galego, falo en galego e quero galicia.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA